26.5.09

Cada vez son máis os libros gratis. Premendo na imaxe podedes descargar este:

20.5.09

Avaliar por competencias

Documento da revista: AULA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA



Visto en entretizas.org

No mesmo artigo hai un enlace a outro documento da mesma revista de como integrar as competencias básicas

6.5.09

Non sabemos ensinar?


É que non estamos preparados? É que os cambios nos asustan? Ou é que os currículos, contidos, selectividade e outros temas nos teñen encorsetados?

4.5.09

Teatro do século de ouro

A Biblioteca Nacional abre unha web adicada ao teatro do século de ouro.
El presente portal quiere ser un lugar de referencia fundamental del teatro español áureo, con una atención preferente al control de sus fuentes textuales. Para ello irá ofreciendo copias digitales de los ejemplares custodiados en la BN, constituyentes del fondo más importante con mucha diferencia de cuantos se han conservado, gracias a la confluencia de colecciones tan destacadas como las de Gayangos, Osuna, Durán o La Barrera.
Obras de Calderón, Lope de Vega ou Tirso de Molina, entre outros autores, que podemos consultar en manuscritos dixitalizados.

30.4.09

Que nos pediría un autista?

Para saber algo máis do que podemos facer para axudar a un autista:



Actualización (4 de maio):
Grazas a Educación y TIC descubro este blog dunha nai (ademais docente) dun neno autista e este manual para pais de autistas.

27.4.09

Google Sites

Outro dos moitos servizos que nos ofrece ter unha conta de Google é Google Sites. Podemos ter de xeito sinxelo unha páxina web que, como pode ser editada polos que nos decidamos, convértese nun posible servizo de wiki.

A modo de xemplos e de ver as posibilidades podedes visitar estes (preme nas imaxes):

Este ten información sobre as aventuras na web: Webquest, miniquest e cazas do tesouro.

Este outro site ten información e enlaces a titoriais e exemplos de LIM e Ardora, dúas ferramentas gratuítas de autores galegos para facer actividades interactivas.

24.4.09

A influencia familiar nos estudos

A Fundación de Cajas de Ahorros presentou onte o estudo "Educación y familia: los padres ante la educación general de sus hijos en España". A nova que publica o xornal El País danos uns poucos datos e conclusións, sendo o titular o máis destacado: Maior interese dos pais, fillos con mellores notas (unha consideración; esperemos que maior interese dos pais implique máis e mellor aprendizaxe, alumnos con mellores competencias e, por conseguinte, mellores notas). Destaca o dato de que o 45,9% dos pais cre que o nivel de esixencia é demasiado baixo, aínda que outro 44,6% cre que é adecuado e o só o 5,5% o ve demasiado alto. Tamén valoran notablemente o empeño dos centros en inculcar hábitos de esforzo, urbanidade e sentido da responsabilidade.
O 39,7% cre que a información que se lle dá dende o centro sobre o rendemento dos fillos é insuficiente.
Aínda que a sensación dos pais fronte a si mesmos e os colexios é positiva en canto a educación, as cifras decrecen e se sitúan nun 3 sobre 5 se cualifican a calidade do ensino.
O subtítulo di: "A actitude familiar inflúe máis nos resultados que a política educativa".

Datos para reflexionar.

23.4.09

El abuelo educa



Boa páxina para que os nenos aprendan xogando (ou xoguen aprendendo)

21.4.09

Pouca actividade

Ultimamente este blog ten pouca actividade. Vacacións, traballo extra e xeitos máis doados de publicar enlaces fan que estemos algo parados.

Seguirei publicando neste blog, pero complementos de Mozilla Firefox fan que sexa máis doado publicar enlaces en Mister-Wong.

Aquí podedes ver os meus.

1.4.09

Gmail de aniversario

Gmail cumpre 5 anos. O correo electrónico de Google está de aniversario e ofrécenos productos en fase de constante desenvolvemento.
Ademais de acceso a servizos como Google docs, Google Calendar, Blogger, elaboración de mapas con Google Maps, ... agora ofrece, de xeito moi sinxelo, outras ferramentas de Google Labs.
Un correo electrónico imprescindible. Se non o coñeces, próbao.

30.3.09

Traballo por proxectos

Libro publicado pola Consellería de Educación titulado O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Preme na imaxe para descargalo: