13.6.08

Aprendendo inglés

nPara aprender inglés con vídeos de cancións subtitulados. Tamén ten un apartado de exercicios para encher ocos ca palabra que falta.

11.6.08

Educapeques


Un portal libre e gratuíto para que os máis pequenos aprendan xogando.

9.6.08

O Ipod no teu blog

Hotlinkfiles é un servizo no que podemos aloxar ata 1 Gb de arquivos gratis e despois temos un enlace directo a eles para descargalos ou compartilos con algún amigo. Se eses arquivos son mp3, entón en Ivoon podemos conseguir un Ipod con eles para compartir cos visitantes do noso blog.

Aquí tedes un exemplo con só dous temas xa que non teño demasiado tempo para máis.

8.6.08

Edugaliza

Non sei se foi mencionada con anterioridade neste blog, pero na web EDUGALIZA podemos atopar varios exemplos de actividades e propostas para traballar nas aulas de todas as etapas.

No seu espazo Hiparcos podedes ver algunhas delas.

Proxecto Agrega

Para buscar, visualizar e descargar materiais e contidos dixitais interactivos visita a páxina do Proxecto Agrega.