21.11.08

Europoeana

Biblioteca Virtual Europea
Europe´s digital library, museum and archive

20.11.08

Curso de Smart para principiantes

A través do Ticblog de Alberto Armada entérome deste documento para principiantes no uso da Pizarra Dixital Interactiva de Smart (a que temos no Centro).
Unha boa oportunidade para, se aínda non a controlamos, aprender a sacarlle partido.

Zona de descargas do MEC

O Ministerio de Educación, na zona de descargas do Instituto Superior de Formación y Recursos en Red, pon a disposición dos usuarios material curricular e material para a formación do profesorado que podemos descargar e gravar nun CD. Entre outros moitos materiais hai cursos de ferramentas informáticas (entre elas un curso de Iniciación á Informática en formato ISO)

Guías de convivencia escolar

Dentro do programa SÚMATE, FETE-UGT e a Fundación Telefónica poñen a disposición de toda a Comunidade educativa estas guías para loitar contra a violencia escolar. Para alumnado, pais/nais e profesorado.

19.11.08

Como pode ser?

É incrible pero certo. Raro é o mes no que non se descubre unha rede de malnacidos creadores e consumidores de pornografía infanti. De todos os estratos sociais, de todas as idades, de todas as profesións e ata dos dous sexos. Xente sen conciencia nin moral que é capaz, en algúns casos, de violar a inociencia dun pequeno (incluso ás veces familiar) para obter unhas imaxes coas que disfrutar uns poucos depravados.

Cárcere e psiquiátrico para todos eles!

'Orella pendella'

Hoxe atopei esta estupenda páxina. Recolle multitude de ditos, recitados e cancións infantís e penso que pode ser moi aconsellable para traballar con ela na etapa infantil e nos primeiros anos da primaria, aínda que os maiores tamén lle saquen proveito.
A web, Orella Pendella, ademáis de ser unha estupenda biblioteca de material, está aberta a todo tipo de comentarios e colaboracións, facendo posible que esta fonte de recursos vaia crecendo.
Noraboa polo traballo!

17.11.08

Diccionario Visual Interactivo

Ferramenta para a iniciación na lingua galega do alumnado procedente do estranxeiro.

16.11.08

Aula PT

Blog de recursos para Adaptacións Curriculares onde podemos descargar numeroso material:


E neste outro enlace hai todo tipo de fichas de lecto-escritura

Enlaces enviados por Pamén.