11.12.08

Ecoembes


Ecoembalajes España, S.A. (Ecoembes) é unha sociedade anónima sen ánimo de lucro, cuxo obxecto social é o deseño e organización dun Sistema Integrado de Xestión (SIG), encamiñado á recollida selectiva e recuperación de residuos de envases para o seu posterior tratamento, reciclado e valorización.

Na súa páxina web hai información interesante sobre todo o proceso de recollida selectiva e reciclado.