27.9.09

Para xogar aprendendo


Vedoque é unha web en castelán que nos ofrece moitos xogos para infantil e primaria. Algúns deles pódense utilizar na pizarra dixital.

12.6.09

Infantic

Infantic é unha aplicación dirixida ao alumnado do 2º ciclo de infantil onde se traballan todas as áreas do currículum.

10.6.09

Lectoescritura

Recurso para traballar a lectoescritura co alumnado con n.e.e.

31.5.09

Home

O próximo día 5 de xuño temos unha cita co planeta. É o día mundial do medio ambiente e estrénase en todo o mundo a película HOME, que amosa a nosa casa, o noso planeta dende unha perspectiva aérea. Podemos admirar a beleza deste planeta que estamos a cargarnos entre todos.
A película tamén se estrena en internet.
De momento podemos ver o trailer:

26.5.09

Cada vez son máis os libros gratis. Premendo na imaxe podedes descargar este:

20.5.09

Avaliar por competencias

Documento da revista: AULA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA



Visto en entretizas.org

No mesmo artigo hai un enlace a outro documento da mesma revista de como integrar as competencias básicas

6.5.09

Non sabemos ensinar?


É que non estamos preparados? É que os cambios nos asustan? Ou é que os currículos, contidos, selectividade e outros temas nos teñen encorsetados?

4.5.09

Teatro do século de ouro

A Biblioteca Nacional abre unha web adicada ao teatro do século de ouro.
El presente portal quiere ser un lugar de referencia fundamental del teatro español áureo, con una atención preferente al control de sus fuentes textuales. Para ello irá ofreciendo copias digitales de los ejemplares custodiados en la BN, constituyentes del fondo más importante con mucha diferencia de cuantos se han conservado, gracias a la confluencia de colecciones tan destacadas como las de Gayangos, Osuna, Durán o La Barrera.
Obras de Calderón, Lope de Vega ou Tirso de Molina, entre outros autores, que podemos consultar en manuscritos dixitalizados.

30.4.09

Que nos pediría un autista?

Para saber algo máis do que podemos facer para axudar a un autista:



Actualización (4 de maio):
Grazas a Educación y TIC descubro este blog dunha nai (ademais docente) dun neno autista e este manual para pais de autistas.

27.4.09

Google Sites

Outro dos moitos servizos que nos ofrece ter unha conta de Google é Google Sites. Podemos ter de xeito sinxelo unha páxina web que, como pode ser editada polos que nos decidamos, convértese nun posible servizo de wiki.

A modo de xemplos e de ver as posibilidades podedes visitar estes (preme nas imaxes):

Este ten información sobre as aventuras na web: Webquest, miniquest e cazas do tesouro.

Este outro site ten información e enlaces a titoriais e exemplos de LIM e Ardora, dúas ferramentas gratuítas de autores galegos para facer actividades interactivas.

24.4.09

A influencia familiar nos estudos

A Fundación de Cajas de Ahorros presentou onte o estudo "Educación y familia: los padres ante la educación general de sus hijos en España". A nova que publica o xornal El País danos uns poucos datos e conclusións, sendo o titular o máis destacado: Maior interese dos pais, fillos con mellores notas (unha consideración; esperemos que maior interese dos pais implique máis e mellor aprendizaxe, alumnos con mellores competencias e, por conseguinte, mellores notas). Destaca o dato de que o 45,9% dos pais cre que o nivel de esixencia é demasiado baixo, aínda que outro 44,6% cre que é adecuado e o só o 5,5% o ve demasiado alto. Tamén valoran notablemente o empeño dos centros en inculcar hábitos de esforzo, urbanidade e sentido da responsabilidade.
O 39,7% cre que a información que se lle dá dende o centro sobre o rendemento dos fillos é insuficiente.
Aínda que a sensación dos pais fronte a si mesmos e os colexios é positiva en canto a educación, as cifras decrecen e se sitúan nun 3 sobre 5 se cualifican a calidade do ensino.
O subtítulo di: "A actitude familiar inflúe máis nos resultados que a política educativa".

Datos para reflexionar.

23.4.09

El abuelo educa



Boa páxina para que os nenos aprendan xogando (ou xoguen aprendendo)

21.4.09

Pouca actividade

Ultimamente este blog ten pouca actividade. Vacacións, traballo extra e xeitos máis doados de publicar enlaces fan que estemos algo parados.

Seguirei publicando neste blog, pero complementos de Mozilla Firefox fan que sexa máis doado publicar enlaces en Mister-Wong.

Aquí podedes ver os meus.

1.4.09

Gmail de aniversario

Gmail cumpre 5 anos. O correo electrónico de Google está de aniversario e ofrécenos productos en fase de constante desenvolvemento.
Ademais de acceso a servizos como Google docs, Google Calendar, Blogger, elaboración de mapas con Google Maps, ... agora ofrece, de xeito moi sinxelo, outras ferramentas de Google Labs.
Un correo electrónico imprescindible. Se non o coñeces, próbao.

30.3.09

Traballo por proxectos

Libro publicado pola Consellería de Educación titulado O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Preme na imaxe para descargalo:

23.3.09

Kerpoof

Para debuxar, facer historias, vídeos, tarxetas...
Dirixido a nenos pero entretido para todos.

Planeta de blogs do Monte Caxado

Creado un "planeta" de blog do caxado:

www.planetaki.com/montecaxado

8.3.09

Biblioteca dixital hispánica


Contén as principais obras dixitalizadas da Biblioteca Nacional.

6.3.09

A web Descartes

A web Descartes é un entorno de colaboración do Ministerio de Educación na área de Matemáticas para secundaria e bacharelato.
Hai materias didácticos para empregar polo profesorado e o alumnado:


2.3.09

Modelos de documentos frecuentes

LCF Practice Zone

Para aprender Francés, Inglés e Español con actividades interactivas, xogos e outros materiais:

1.3.09

Para "embeber" arquivos ou webs

Con embedit.in podemos incrustar na nosa web arquivos ou incluso páxinas web. Deixo aquí incrustada a web da Xunta a modo de exemplo:

12.2.09

Evolución da web

Que é un wiki?

Cun exemplo sinxelo (quizais hai outras ferramentas na web 2.0 para isto) podemos entender mellor o que é un wiki.



Visto en blogOBR

11.2.09

Internet seguro para os menores

Tres web que nos facilitan o facer Internet máis seguro para os nosos alumnos e fillos:

Widgets from Natinal Geographic

Na páxina de National Geographic podemos obter algúns interesantes widgets para o noso blog:

Visto en aulablog21

9.2.09

Documetais científicos

Fonte: "En marcha con las TIC"

3.2.09

Estrutura da materia

Gran recurso con teoría, actividades, multimedia e enlaces para estudar a ESTRUTURA DA MATERIA

2.2.09

Kirima: Educación medioambiental para Infantil

Programa educativo dirixido ao alumnado de segundo ciclo de Infantil, que coa compañía da foca Kirima conciencia ao alumnado da problemática do cambio climático.

27.1.09


Moi efectivo programa (pódese descargar) de sinxelo manexo, elaborado por Xosé Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías para crear imaxes interactivas. Con el podemos crear imaxes nas que con só pasar o rato podemos obter moita máis información en formato multimedia. Obtivo o 1º lugar na modalidade de ferramentas de autor nos Premios da Sociedade da Información 2008

19.1.09

Ferramenta para facer test

Con MyStudiyo podemos facer uns bonitos test empregando ademais elementos multimedia integrados. Eu fixen un rápido a modo de proba:

15.1.09

Obras mestras do Museo do Prado

Con Google Earth podemos visitar o mundo enteiro sen levantarnos da cadeira do noso escritorio.
Ademais de outras moitas posibilidades podemos ver as mellores pinturas do Museo do Prado.
Un adianto neste vídeo ou nesta ligazón:

1.1.09

Para repasar as operacións matemáticas

Fran Macias, creador de EdiLim, pon á nosa disposición este xerador de libros interactivos coas operacións matemáticas que escollamos.

Por certo, esta é a primeira entrada do 2009 e aproveito para desexarvos o mellor.