31.5.08

Fichas de animais

Interesantes fichas de mamíferos, aves, reptiles e anfibios que pon á nosa disposición a páxina do Zoo de Barcelona.

29.5.08

Auga


Recursos multimedia moi interactivos para estudar un recurso indispensable para a vida:

28.5.08

Aprendices de DJ's

Preséntovos unha curiosa mesa de mezclas/sintetizador online que non precisa de ningún rexistro e coa que podedes crear música (techno) utilizando os samplers da web e xogando co ecualizador e o teclado. Al menos poderá facervos pasalo ben durante un ratiño.
Á pesares do seu aspecto sinxelo, ao modo de comic, o sonido é bastante bo. Pódese controlar coas teclas e mesmo podedes gravar as vosas creacións.
E no apartado das gravacións (recordings), podedes escoitar os últimos exemplos feitos con este xoguete.

Probádeo!

Rede de artistas do mundo da música

Tuneglue é un proxecto que permite a calquera usuario, sen necesidade de rexistro, coñecer músicas parecidas ás que xa acostuma a escoitar e averiguar máis datos dos seus artistas favoritos. Apostando por un sistema bastante intuitivo de navegación, este sitio comeza cun simple campo de búsqueda para centrar os resultados no voso artista favorito.
Unha vez atopado o artista, aparecerá un punto oscuro no centro da pantalla. Se o clicades, aparecerán algunhas opcións no menú. Alí poderedes atopar a músicos con estilos semellantes ou listas dos últimos traballos, con posibilidade de compra. Toda a rede de artistas atopados forman unha especie de tela de araña que se pode desplazar pola pantalla, aumentando os nodos da mesma con máis e máis artistas do mundo da música.

27.5.08

Tecnoloxías e a escola do século XXI

Rectas e ángulos

Para repasar a xeometría elemental e aclarar conceptos:

http://genmagic.org/mates1/ra1c.html

Vídeos para infantil


Páxina na que hai unha recopilación de vídeos de YouTube dirixidos a público infantil. Ademais o contido está filtrado e supervisado pola comunidade de pais.

25.5.08

Vídeos musicais

Xa coñecemos ben o portal de procura de vídeos, YouTube. Nesta web, o máis buscado son vídeos musicais.
Agora temos un novo portal, a web Jukebo, onde @s usuari@s poden atopar videoclips que poderán compartir, engadir a os seus favoritos, crear e ampliar as súas listas de reproducción, engadir ás súas webs, e incluso comentar.