24.4.09

A influencia familiar nos estudos

A Fundación de Cajas de Ahorros presentou onte o estudo "Educación y familia: los padres ante la educación general de sus hijos en España". A nova que publica o xornal El País danos uns poucos datos e conclusións, sendo o titular o máis destacado: Maior interese dos pais, fillos con mellores notas (unha consideración; esperemos que maior interese dos pais implique máis e mellor aprendizaxe, alumnos con mellores competencias e, por conseguinte, mellores notas). Destaca o dato de que o 45,9% dos pais cre que o nivel de esixencia é demasiado baixo, aínda que outro 44,6% cre que é adecuado e o só o 5,5% o ve demasiado alto. Tamén valoran notablemente o empeño dos centros en inculcar hábitos de esforzo, urbanidade e sentido da responsabilidade.
O 39,7% cre que a información que se lle dá dende o centro sobre o rendemento dos fillos é insuficiente.
Aínda que a sensación dos pais fronte a si mesmos e os colexios é positiva en canto a educación, as cifras decrecen e se sitúan nun 3 sobre 5 se cualifican a calidade do ensino.
O subtítulo di: "A actitude familiar inflúe máis nos resultados que a política educativa".

Datos para reflexionar.

23.4.09

El abuelo educa



Boa páxina para que os nenos aprendan xogando (ou xoguen aprendendo)

21.4.09

Pouca actividade

Ultimamente este blog ten pouca actividade. Vacacións, traballo extra e xeitos máis doados de publicar enlaces fan que estemos algo parados.

Seguirei publicando neste blog, pero complementos de Mozilla Firefox fan que sexa máis doado publicar enlaces en Mister-Wong.

Aquí podedes ver os meus.