30.4.09

Que nos pediría un autista?

Para saber algo máis do que podemos facer para axudar a un autista:



Actualización (4 de maio):
Grazas a Educación y TIC descubro este blog dunha nai (ademais docente) dun neno autista e este manual para pais de autistas.

27.4.09

Google Sites

Outro dos moitos servizos que nos ofrece ter unha conta de Google é Google Sites. Podemos ter de xeito sinxelo unha páxina web que, como pode ser editada polos que nos decidamos, convértese nun posible servizo de wiki.

A modo de xemplos e de ver as posibilidades podedes visitar estes (preme nas imaxes):

Este ten información sobre as aventuras na web: Webquest, miniquest e cazas do tesouro.

Este outro site ten información e enlaces a titoriais e exemplos de LIM e Ardora, dúas ferramentas gratuítas de autores galegos para facer actividades interactivas.