24.5.08

Para Matemáticas

Interesante páxina de Matemáticas na que tedes exercicios, exames, apuntes e vídeo titoriais de matemáticas desde 3º de Primaria ata Bacharelato.
Preme na imaxe para acceder

22.5.08

Recicla vidro

Interesante actividade interactiva sobre o reciclado de vidro, con xogos, novas, información e materiais didácticos.
Visto en TICDEPLATA

21.5.08

Xogos para os máis pequenos


El Mundo de Víctor é, segundo se pode ler nesa web, un mundo de sorpresas e descubrimentos para os máis pequenos. Xogos, un libro de imaxes, debuxos para colorear, cancións e un senfín de actividades para que desenvolvan a súa imaxinación e aprendan divirtíndose…
Un portal concibido especialmente para que os nenos de entre 2 e 4 anos se familiaricen co mundo multimedia namentras descubren a natureza e os animais…

19.5.08

Crear xogos personalizados

Con Pictogame podemos crear xogos coas imaxes que subamos. Este é un exemplo onde, se xogades ben, descubriredes ao alumnado de 1º de Primaria no horto escolar. Unha homenaxe para eses rapaces tan traballadores.



Pódense crear outro tipo de xogos, por exemplo puzzles para que o noso alumnado xogue un rato