19.11.08

Como pode ser?

É incrible pero certo. Raro é o mes no que non se descubre unha rede de malnacidos creadores e consumidores de pornografía infanti. De todos os estratos sociais, de todas as idades, de todas as profesións e ata dos dous sexos. Xente sen conciencia nin moral que é capaz, en algúns casos, de violar a inociencia dun pequeno (incluso ás veces familiar) para obter unhas imaxes coas que disfrutar uns poucos depravados.

Cárcere e psiquiátrico para todos eles!

'Orella pendella'

Hoxe atopei esta estupenda páxina. Recolle multitude de ditos, recitados e cancións infantís e penso que pode ser moi aconsellable para traballar con ela na etapa infantil e nos primeiros anos da primaria, aínda que os maiores tamén lle saquen proveito.
A web, Orella Pendella, ademáis de ser unha estupenda biblioteca de material, está aberta a todo tipo de comentarios e colaboracións, facendo posible que esta fonte de recursos vaia crecendo.
Noraboa polo traballo!

17.11.08

Diccionario Visual Interactivo

Ferramenta para a iniciación na lingua galega do alumnado procedente do estranxeiro.

16.11.08

Aula PT

Blog de recursos para Adaptacións Curriculares onde podemos descargar numeroso material:


E neste outro enlace hai todo tipo de fichas de lecto-escritura

Enlaces enviados por Pamén.

12.11.08

Entrada 100

Esta é a entrada número 100 deste blog.
Non sei se é moi utilizado polo profesorado do meu centro... (Bah, minto, estou seguro que con certa periodicidade poden seguilo ao sumo -e sendo optimista- tres ou catro persoas) pero seguirei, mentras teña tempo, a publicar enlaces e recursos para todas as etapas e todas as materias.

Despois deste pequeno pesar, aquí vos deixo unha serie de actividades para coñecemento do medio do 1º, 2º e 3º ciclo.

Recursos educativos da web 2.0

7.11.08

6.11.08

Para xogar aprendendo francés

Unha especie de Scrable para xogar online e, de paso, aprender francés:

4.11.08

Contidos Educativos Dixitais

Contidos educativos da "Junta" de Extremadura para Primaria, Secundaria e Ed. Especial.



Enlace que me envía Pamen. Grazas

29.10.08

26.10.08

Xogos educativos e divertidos

Xogos educativos, manualidades, aplicacións para aprender a debuxar (tamén números e letras), contos, comprensión oral e escrita, ...
Todo isto con esta boa páxina web en castelá.

23.10.08

Mapamundi interactivo

Unha páxina onde, picando en cada pis, obtemops datos do mesmo e reseña histórica. Moi bo recurso para Ciencias Sociais