Hoxe atopei esta estupenda páxina. Recolle multitude de ditos, recitados e cancións infantís e penso que pode ser moi aconsellable para traballar con ela na etapa infantil e nos primeiros anos da primaria, aínda que os maiores tamén lle saquen proveito.
A web, Orella Pendella, ademáis de ser unha estupenda biblioteca de material, está aberta a todo tipo de comentarios e colaboracións, facendo posible que esta fonte de recursos vaia crecendo.
Noraboa polo traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario