Mostrando entradas con la etiqueta miniquest. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta miniquest. Mostrar todas las entradas

23.1.08

Comparativa WebQuest - MiniQuest

Neste documento tes as similitudes e/ou as diferenzas entre as WebQuets e as MiniQuest:

21.1.08

Exemplos de Miniquest

Non hai tanta cantidade de Miniquest publicadas como de WebQuest (será pola facilidade en facelas e o efímero do seu emprego)
No apartado phpWebQuest do portal da Consellería de Educación mencionado anteriormente hai varios exemplos.
Aquí tedes algunhas en castelán e nesta outra páxina unha en catalán.

MiniQuest

Consisten nunha versión de WQ que se reducen só a tres pasos. Están pensadas para que os estudantes as realicen completamente no transcurso dunha sesión de 50 minutos. Esto axuda a que se poida inserir con maior facilidade na secuencia curricular dun curso. Ademais esta é unha actividade recomendable cando a dispoñibilidade de ordenadores non é moi ampla.

En liñas xerais pode ser construída por educadores que teñan algunha experiencia no emprego de internet nunhas 3 ou 4 horas.

Tipos de MiniQuest:

A clasificación das MQ susténtase nas distintas posibilidades de incorporalas ao desenvolvemento dunha unidade didáctica, sendo:

  • MiniQuest de descuberta: Lévanse a cabo ao comezo dunha unidade didáctica. Están deseñadas para presentar ao alumnado uns contidos concretos.
  • MiniQuest de exploración: Realízanse no transcurso dunha unidade didáctica. Está dirixida a aprender o contido necesario para asimilar un concepto particular ou cumprir un obxectivo determinado.
  • MiniQuest de culminación: Desenvólvense ao final dunha unidade didáctica. Os estudantes que traballan en elas deben ter unha base de coñecemento porque deben estar en disposición de repostar preguntas moito máis complexas. Estas preguntas esenciais esixen do alumno unha resposta enfocada na toma de decisións ou no desenvolvemento dun plan de acción

As MiniQuest compóñense de tres partes ou seccións:

Escenario:

Establece un contexto real para o proceso de solución de problemas. Ubica aos estudantes nun papel (rol) verdadeiro que desempeña un adulto. Proporciona un "gancho" para meter ao alumno no problema. Ademais establece a pregunta esencial que os estudantes deben contestar.

Tarefa:

Inclúe unha serie de preguntas deseñadas co propósito de adquirir a información obxectiva e real que se require para respostar á pregunta esencial. A tarefa está moi estructurada, porque a actividade debe levarse a cabo en un (ou como moito en dous) períodos de clase. Esta sección dirixe aos estudantes cara a sitios específicos de rede que conteñen a información necesaria para resolver preguntas da tarefa de xeito que a adquisición do "material básico" se faga nun tempo establecido e en forma eficiente.

Producto:

Como o seu nome indica, inclúe unha descrición do que os estudantes van realizar para respostar á pregunta esencial plantexada no escenario. O producto require que os estudantes demostren comprensión. Mediante algunha forma de avaliación do producto, o profesor debe comprobar ese entendemento.
O producto pode requerir unha síntese da información para contruír coñecemento. En outras palabras, os estudantes deben desenvolver un xeito novo de enfocar o problema. Se non se promove a creación de coñecemento entón a actividade será simplemente unha folla de traballo en liña e non o que debe ser, unha actividade de investigación.
Ademais o producto debe ser real e reflectir axeitadamente o rol que se asignou ao estudante no escenario.

phpWebQuest

Dentros dos contidos educativos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia existe un apartado no que podemos crear, de xeito bastante doado, WebQuest, MiniQuest ou Busca do Tesouro. Só temos que solicitar previamente unha nova conta de usuario e, unha vez que estemos dados de alta, acceder ao sistema e empezar a empregar unha ferramenta que é bastante intuitiva.
As aventuras na web creadas publicanse e quedan a disposición do profesorado que queira examinalas e/ou empregalas.
Visita o apartado e consulta as que xa hai.