En liñas xerais pode ser construída por educadores que teñan algunha experiencia no emprego de internet nunhas 3 ou 4 horas.
Tipos de MiniQuest:
A clasificación das MQ susténtase nas distintas posibilidades de incorporalas ao desenvolvemento dunha unidade didáctica, sendo:
- MiniQuest de descuberta: Lévanse a cabo ao comezo dunha unidade didáctica. Están deseñadas para presentar ao alumnado uns contidos concretos.
- MiniQuest de exploración: Realízanse no transcurso dunha unidade didáctica. Está dirixida a aprender o contido necesario para asimilar un concepto particular ou cumprir un obxectivo determinado.
- MiniQuest de culminación: Desenvólvense ao final dunha unidade didáctica. Os estudantes que traballan en elas deben ter unha base de coñecemento porque deben estar en disposición de repostar preguntas moito máis complexas. Estas preguntas esenciais esixen do alumno unha resposta enfocada na toma de decisións ou no desenvolvemento dun plan de acción
As MiniQuest compóñense de tres partes ou seccións:
Escenario:
Establece un contexto real para o proceso de solución de problemas. Ubica aos estudantes nun papel (rol) verdadeiro que desempeña un adulto. Proporciona un "gancho" para meter ao alumno no problema. Ademais establece a pregunta esencial que os estudantes deben contestar.
Tarefa:
Inclúe unha serie de preguntas deseñadas co propósito de adquirir a información obxectiva e real que se require para respostar á pregunta esencial. A tarefa está moi estructurada, porque a actividade debe levarse a cabo en un (ou como moito en dous) períodos de clase. Esta sección dirixe aos estudantes cara a sitios específicos de rede que conteñen a información necesaria para resolver preguntas da tarefa de xeito que a adquisición do "material básico" se faga nun tempo establecido e en forma eficiente.
Producto:
Como o seu nome indica, inclúe unha descrición do que os estudantes van realizar para respostar á pregunta esencial plantexada no escenario. O producto require que os estudantes demostren comprensión. Mediante algunha forma de avaliación do producto, o profesor debe comprobar ese entendemento.
O producto pode requerir unha síntese da información para contruír coñecemento. En outras palabras, os estudantes deben desenvolver un xeito novo de enfocar o problema. Se non se promove a creación de coñecemento entón a actividade será simplemente unha folla de traballo en liña e non o que debe ser, unha actividade de investigación.
Ademais o producto debe ser real e reflectir axeitadamente o rol que se asignou ao estudante no escenario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario