Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas

12.2.09

Que é un wiki?

Cun exemplo sinxelo (quizais hai outras ferramentas na web 2.0 para isto) podemos entender mellor o que é un wiki.



Visto en blogOBR

13.6.08

Aprendendo inglés

nPara aprender inglés con vídeos de cancións subtitulados. Tamén ten un apartado de exercicios para encher ocos ca palabra que falta.

27.5.08

Vídeos para infantil


Páxina na que hai unha recopilación de vídeos de YouTube dirixidos a público infantil. Ademais o contido está filtrado e supervisado pola comunidade de pais.

25.5.08

Vídeos musicais

Xa coñecemos ben o portal de procura de vídeos, YouTube. Nesta web, o máis buscado son vídeos musicais.
Agora temos un novo portal, a web Jukebo, onde @s usuari@s poden atopar videoclips que poderán compartir, engadir a os seus favoritos, crear e ampliar as súas listas de reproducción, engadir ás súas webs, e incluso comentar.

9.5.08

Crea os teus propios documentais

Con Wildlife Filmmaker podes crear os teus propios documentais aproveitando os que National Geographic pon a túa disposición. É moi fácil ir arrastrando os vídeos e incluso podemos incluír o noso son e os textos.
Probareino.

8.5.08

Binta y la gran idea

Curtametraxe que pertence á película 'En el mundo a cada rato'. Rodado en Senegal, por Javier Fesser, coa axuda de UNICEF, conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmá de ir ao colexio.
Ademais está a xenial idea de seu pai.
Seguramente que, se tedes a paciencia de velo, se vos ocurren moitos comentarios.



Eres ti tubab?

17.4.08

Para practicar inglés

Yappr.com é unha comunidade para estudantes de inglés onde podemos ver vídeos e, de paso, mellorar o noso manexo nese idioma. Podemos repetir a parte do vídeo que queiramos e incluso vela máis lentamente cunha pronunciación máis clara. Os vídeos están subtitulados en inglés e castelán.
E se nos rexistramos podemos contribuír. Probádeo.