Neste blogue tentaremos poñer a disposición dos docentes os recursos na rede que podemos empregar para introducir as competencias (en particular a dixital) nas nosas aulas
Esta é a entrada número 100 deste blog. Non sei se é moi utilizado polo profesorado do meu centro... (Bah, minto, estou seguro que con certa periodicidade poden seguilo ao sumo -e sendo optimista- tres ou catro persoas) pero seguirei, mentras teña tempo, a publicar enlaces e recursos para todas as etapas e todas as materias.
Despois deste pequeno pesar, aquí vos deixo unha serie de actividades para coñecemento do medio do 1º, 2º e 3º ciclo.
De novo, vía ticblog, recollo este enlace para que o alumnado poida divertirse coa ciencia. É unha páxina da NASA en español na que temos xogos, proxectos, animacións, feitos asombrosos, temas divertidos e curiosidades para aprender dun xeito moi ameno.
Unha interesante páxina onde se aclaran a clasificación e as características principais das plantas. A nivel do 3º ciclo de Primaria e do 1º ciclo de Secundaria, inclúe unha guía para o profesor e outra para o alumno.