Non sei se é moi utilizado polo profesorado do meu centro... (Bah, minto, estou seguro que con certa periodicidade poden seguilo ao sumo -e sendo optimista- tres ou catro persoas) pero seguirei, mentras teña tempo, a publicar enlaces e recursos para todas as etapas e todas as materias.
Despois deste pequeno pesar, aquí vos deixo unha serie de actividades para coñecemento do medio do 1º, 2º e 3º ciclo.
2 comentarios:
Noraboa polo comentario 100!
Si que é visitado, non o dubides
:-)
Non hai queixa, neste blog temos material para moitas clases e materias, que siga así!
Grazas Olga
Coas túas visitas e aportacións xa contaba.
Unha aperta.
Publicar un comentario