Neste blogue tentaremos poñer a disposición dos docentes os recursos na rede que podemos empregar para introducir as competencias (en particular a dixital) nas nosas aulas
Outro dos moitos servizos que nos ofrece ter unha conta de Google é Google Sites. Podemos ter de xeito sinxelo unha páxina web que, como pode ser editada polos que nos decidamos, convértese nun posible servizo de wiki.
A modo de xemplos e de ver as posibilidades podedes visitar estes (preme nas imaxes):
Este ten información sobre as aventuras na web: Webquest, miniquest e cazas do tesouro. Este outro site ten información e enlaces a titoriais e exemplos de LIM e Ardora, dúas ferramentas gratuítas de autores galegos para facer actividades interactivas.
Dentros dos contidos educativos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia existe un apartado no que podemos crear, de xeito bastante doado, WebQuest, MiniQuest ou Busca do Tesouro. Só temos que solicitar previamente unha nova conta de usuario e, unha vez que estemos dados de alta, acceder ao sistema e empezar a empregar unha ferramenta que é bastante intuitiva. As aventuras na web creadas publicanse e quedan a disposición do profesorado que queira examinalas e/ou empregalas. Visita o apartado e consulta as que xa hai.
De xeito moi rápido podemos definir as WebQuest (WQ) dicindo que non son máis que actividades de aprendizaxe que os estudantes levan a cabo empregando recursos de internet preseleccionados polo docente, de xeito que o alumnado enfoque o seu esforzo na utilización deses recursos e non na súa busca. Sen embargo a súa filosofía de aprendizaxe significativa e colaboracionista fai que a tarefa de definir exactamente unha WQ sexa moito máis extensa. Tentaremos facelo repasando como debe ser a súa estructura tanto interna (o seu "espíritu") como externa (o seu "físico").
As WQ están deseñadas para que o alumno desenrole habilidades esenciais para empregar a información, é dicir, para clasificala, organizala, analizala e sintetizala correctamente, co obxectivo de xerar un producto novo que cumpra os fins da aprendizaxe plantexada.
A súa invención e difusión débese a Bernie Dodge (Profesor de Tecnoloxía Educativa - Universidade Estatal de San Diego) quen, case por casualidade, aló por 1995 ao ver o resultado da busca, recopilación e reelaboración da información por parte dos seus estudantes fixou a idea básica da estructura das WQs.
Estructura Unha WQ debe ter os seguintes apartados para o alumnado:
Introducción Tarefa Proceso (onde se inclúen os recursos) Avaliación Conclusión
Ademais debera sempre incluír un apartado de créditos e unha páxina para o profesor.
Vexámolos aquí con máis detalle e teñamos en conta os seguintes puntos para distinguir unha verdadeira webquest.