17.1.08

WebQuest: AVENTURAS na web

De xeito moi rápido podemos definir as WebQuest (WQ) dicindo que non son máis que actividades de aprendizaxe que os estudantes levan a cabo empregando recursos de internet preseleccionados polo docente, de xeito que o alumnado enfoque o seu esforzo na utilización deses recursos e non na súa busca. Sen embargo a súa filosofía de aprendizaxe significativa e colaboracionista fai que a tarefa de definir exactamente unha WQ sexa moito máis extensa. Tentaremos facelo repasando como debe ser a súa estructura tanto interna (o seu "espíritu") como externa (o seu "físico").

As WQ están deseñadas para que o alumno desenrole habilidades esenciais para empregar a información, é dicir, para clasificala, organizala, analizala e sintetizala correctamente, co obxectivo de xerar un producto novo que cumpra os fins da aprendizaxe plantexada.

A súa invención e difusión débese a Bernie Dodge (Profesor de Tecnoloxía Educativa - Universidade Estatal de San Diego) quen, case por casualidade, aló por 1995 ao ver o resultado da busca, recopilación e reelaboración da información por parte dos seus estudantes fixou a idea básica da estructura das WQs.

Estructura
Unha WQ debe ter os seguintes apartados para o alumnado:

Introducción
Tarefa
Proceso (onde se inclúen os recursos)
Avaliación
Conclusión

Ademais debera sempre incluír un apartado de créditos e unha páxina para o profesor.

Vexámolos aquí con máis detalle e teñamos en conta os seguintes puntos para distinguir unha verdadeira webquest.

No hay comentarios: