17.1.08

As TICs nas nosas aulas

En Galicia non existe un espazo consolidado destinado a que o profesorado ou o alumnado cre e comparta información, actividades ou experiencias na nosa lingua. Nos últimos anos a Consellería de Educación ou proxectos independentes como Lapis de cores ou Edugaliza, danos a posibilidade de ter sitios que están centrados na recopilación de contidos didácticos.

O proxecto Lanzadeira permitiría ao profesorado e ao alumnado navegar pola información da nosa lingua, crear actividades didácticas, desenvolver canles de comunicación entre o profesorado, compartir materiais integrando voz, texto, imaxes, e a interactividade propia da internet. Alguén da Consellería, que seguro que sabe moito máis que os docentes que traballaron nese proxecto, decidíu que non valía a pena e agora descansa gardado nunha papeleira ou, como mal menor, nun caixón dalgún despacho lonxe dos centros educativos.

Cómpre pór a andar novos proxectos que palíen estas carencias, espazos que aproveiten ao máximo todas as posibilidades da comunicación multimedia, facendo das propostas e metodoloxías didácticas a súa razón de ser.

Os compoñentes dun Proxecto de Formación en Centros (PFAC) do CPI Monte Caxado (As Pontes) iremos relatando neste blogue, conforme vaiamos aprendendo, os recursos que se poden empregar para introducir as TICs nas nosas aulas.

Parte deste texto foi extraído do número 38 da Revista Galega de Educación de NOVA ESCOLA GALEGA que trata sobre a Competencia Dixital

No hay comentarios: