28.5.08

Rede de artistas do mundo da música

Tuneglue é un proxecto que permite a calquera usuario, sen necesidade de rexistro, coñecer músicas parecidas ás que xa acostuma a escoitar e averiguar máis datos dos seus artistas favoritos. Apostando por un sistema bastante intuitivo de navegación, este sitio comeza cun simple campo de búsqueda para centrar os resultados no voso artista favorito.
Unha vez atopado o artista, aparecerá un punto oscuro no centro da pantalla. Se o clicades, aparecerán algunhas opcións no menú. Alí poderedes atopar a músicos con estilos semellantes ou listas dos últimos traballos, con posibilidade de compra. Toda a rede de artistas atopados forman unha especie de tela de araña que se pode desplazar pola pantalla, aumentando os nodos da mesma con máis e máis artistas do mundo da música.

No hay comentarios: