27.1.09


Moi efectivo programa (pódese descargar) de sinxelo manexo, elaborado por Xosé Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías para crear imaxes interactivas. Con el podemos crear imaxes nas que con só pasar o rato podemos obter moita máis información en formato multimedia. Obtivo o 1º lugar na modalidade de ferramentas de autor nos Premios da Sociedade da Información 2008

19.1.09

Ferramenta para facer test

Con MyStudiyo podemos facer uns bonitos test empregando ademais elementos multimedia integrados. Eu fixen un rápido a modo de proba:

15.1.09

Obras mestras do Museo do Prado

Con Google Earth podemos visitar o mundo enteiro sen levantarnos da cadeira do noso escritorio.
Ademais de outras moitas posibilidades podemos ver as mellores pinturas do Museo do Prado.
Un adianto neste vídeo ou nesta ligazón:

1.1.09

Para repasar as operacións matemáticas

Fran Macias, creador de EdiLim, pon á nosa disposición este xerador de libros interactivos coas operacións matemáticas que escollamos.

Por certo, esta é a primeira entrada do 2009 e aproveito para desexarvos o mellor.

18.12.08

Para alumnado con NEAE


Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo

15.12.08

Ite Pasas

Guía para axudar aos estudantes a elaborar o seu itinerario:



Da Consejería de Educación del Principado de Asturias

Forum Orienta

3ª edición desta mostra do ensino superior de Galicia. Vai máis dirixido a alumnado de Bacharelato e Formación Profesional pero pode ser tamén interesante para alumnado de 4º de ESO e para pais e nais.
Nova estrutura das titulacións.
Acceso libre e gratuito

11.12.08

Ecoembes


Ecoembalajes España, S.A. (Ecoembes) é unha sociedade anónima sen ánimo de lucro, cuxo obxecto social é o deseño e organización dun Sistema Integrado de Xestión (SIG), encamiñado á recollida selectiva e recuperación de residuos de envases para o seu posterior tratamento, reciclado e valorización.

Na súa páxina web hai información interesante sobre todo o proceso de recollida selectiva e reciclado.

3.12.08

Gymkhana colaborativa

Dúas gymkhanas con preguntas, que van dirixidas ao alumnado de 3º ciclo de Primaria ou de ESO.

1.12.08

Actúa


Cúmprese o vixésimo aniversario desde que se conmemora o Día Mundial da Loita contra o SIDA todos os 1 de decembro.
Infórmate de como podes actuar para deter esta grave epidemia.