23.10.08

Mapamundi interactivo

Unha páxina onde, picando en cada pis, obtemops datos do mesmo e reseña histórica. Moi bo recurso para Ciencias Sociais

Biblioteca Escolar Dixital

Grazas a "El Pais" entérome do nacemento da primeira Biblioteca Escolar Dixital da man do Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas (CITA)

19.10.08

Fantastic Infantil

Sitio de recursos para o rincón do ordenador na aula de Infantil

1.10.08

The Space Place

De novo, vía ticblog, recollo este enlace para que o alumnado poida divertirse coa ciencia.
É unha páxina da NASA en español na que temos xogos, proxectos, animacións, feitos asombrosos, temas divertidos e curiosidades para aprender dun xeito moi ameno.

25.9.08

PlisTUBE

Para crear listas de reproducción en vídeos do noso artista ou grupo favorito:

17.9.08

Recursos educativos para Primaria

Cantidade de recursos para Primaria da man do profesor Alfonso Gómez (CEIP S. Isidro Labrador) e outras colaboracións.

16.9.08

"El dolor de la lucidez"

Unha lección para o profesorado.
Como se leva a cabo?
Axuda, por favor!

12.9.08

E por que?

Recurso audiovisual para a prevención dos accidentes infantís:

11.9.08

La cueva de Tragapalabras

Para apoio da lectoescritura castelá en Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria podemos empregar este recurso do CNICE que descubro grazas a Educared.

Galicia panorámica


Unha boa páxina para ver, entre otras cousas, imaxes panorámicas (360º) de bonitos rincóns da nosa terra. (Pincha na imaxe do mapa)

5.9.08

Para estudar a célula mediante animacións


Premendo na imaxe accederás a unha páxina na que podes observar a célula, as súas funcións, tipos de célula, etc

1.8.08

Goanimate: Facemos animacións

Con Goanimate podemos facer historietas animadas.
Deixovos unha que fixen a modo de proba

Pode ser unha boa ferramenta para empregar na aula, non credes?

29.7.08

Lookybook

Lookybook é un sitio para ler e ollear preciosos libros infantís. Como están en inglés pode ser unha boa ferramenta para reforzar o estudo deste idioma. Ademais pódese embeber calquera deles nos blogues. Eu deixovos un exemplo dirixido aos máis peques para que aprendan os nomes dalgúns animais en inglés.