Neste blogue tentaremos poñer a disposición dos docentes os recursos na rede que podemos empregar para introducir as competencias (en particular a dixital) nas nosas aulas
A través de TIC de Plata descubro este recurso no que podemos ver todo sobre o clima: Atmósfera, nubes, factores e elementos do clima, datos, gráficos, imaxes de satélite, etc.
En coloring.com podemos facer que os nosos alumnos máis pequenos pinten dixitalmente sen estragar pinturas e papel e aprendendo ademais o manexo de ferramentas como o rato.
Hotlinkfiles é un servizo no que podemos aloxar ata 1 Gb de arquivos gratis e despois temos un enlace directo a eles para descargalos ou compartilos con algún amigo. Se eses arquivos son mp3, entón en Ivoon podemos conseguir un Ipod con eles para compartir cos visitantes do noso blog.
Aquí tedes un exemplo con só dous temas xa que non teño demasiado tempo para máis.
Non sei se foi mencionada con anterioridade neste blog, pero na web EDUGALIZA podemos atopar varios exemplos de actividades e propostas para traballar nas aulas de todas as etapas.
No seu espazo Hiparcos podedes ver algunhas delas.
Con Bomomo podes pintar como un Picasso, un Kandinsky ou un Tapies calquera. Mira este exemplo e recorda que se entras na páxina non poderás parar de pintar.
Nesta web: http://www.soundflavor.com, podedes atopar e escoitar moitas cancións e a clasificación é realmente sinxela: por xénero, ou ben por década, e crear a nosa propia lista de reproducción.