21.4.08

Día da TERRA

Todos os 22 de abril celébrase o Día da Terra. Seguramente, como ocurre nestes casos, diredes que o Día da Terra deberan ser todos os do ano; e tedes razón.
Temos que mentalizarnos para coidar o planeta e todos podemos aportar o noso grao. Non pensedes que podedes facer pouco. "Moitos poucos é unha gran cantidade".
Como o problema máis importante que agora ameaza a Terra é o cambio climático, aquí tedes información moi visual das razóns polas que se produce.

19.4.08

Matemáticas simpáticas

Entretidos xogos empregando as matemáticas para 3º de primaria

17.4.08

Para practicar inglés

Yappr.com é unha comunidade para estudantes de inglés onde podemos ver vídeos e, de paso, mellorar o noso manexo nese idioma. Podemos repetir a parte do vídeo que queiramos e incluso vela máis lentamente cunha pronunciación máis clara. Os vídeos están subtitulados en inglés e castelán.
E se nos rexistramos podemos contribuír. Probádeo.

Ferramentas da web 2.0

15.4.08

Actividades para Infantil e 1º Ciclo de Primaria

A través de TIC (o blog da entrada anterior) entérome destas actividades para Infantil e primeiro ciclo de Primaria

2.4.08

Blog TIC

Impresionante blog de Alberto Armada que é coordinador TIC do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis (Pontevedra).
Moi pouco máis podemos engadir.

Aprendices dixitais

19.2.08

Novas tendencias TIC

Co permiso de Isidro Vidal compartimos con tod@s esta presentación sobre "Nuevas tendencias TIC en educación"

4.2.08

Orde de avaliación Primaria

Tamén poño outro resume da orde de avaliación de Primaria

Avaliación secundaria

Aproveito esta ferramenta de Adobe para presentarvos un resume da orde de avaliación de secundaria:

31.1.08

Que duros son os cambios...

Fernando García Páez do CEIP San Walabonso (Niebla-Huelva) estivo onte no noso centro dando unha lección REAL de como empregar as TICs nas aulas. Á maioría dos que alí estabamos animounos á emprender o camiño, pero quedan moitos por convencer. Para eles vai dedicada esta presentación que nos ensinou e ca que rimos moito.

Grazas Fernando

28.1.08

Tecnoloxía ou metodoloxía?

Aquí tedes un vídeo que vin neste blogue e que resume moi ben que sen metodoloxía e proxecto pedagóxico, non fai demasiada falta a tecnoloxía.



Que opinades?

27.1.08

Exemplo dunha busca do tesouro

Amósovos un exemplo dunha busca do tesouro sobre Trastornos Alimenticios

26.1.08

Busca (ou caza) do tesouro

Trátase de algo tan sinxelo como unha folla de traballo ou unha páxina web cunha serie de preguntas e un listado de direccións web nas que os alumnos deben atopar as respostas. Ao final débese incluír a gran pregunta, cuxa resposta non aparece directamente nas páxinas visitadas, se non que require integrar e valorar o aprendido durante a busca. Entre outras cousas permítennos mellorar a comprensión lectora dos alumnos e ensinarlles a buscar información en Internet. Poderiamos situalas nun nivel por debaixo das WebQuest xa que non acostuman a propoñer a resolución de problemas nin a exposición de conclusións finais.

Estructura:

A caza de tesouros pode ser en formato dunha simple folla de papel, pero para evitar que o alumnado teña que teclear as direccións web e así poder gañar tempo, é recomendable que sexa en formato de páxina web.

Estructúrase en 6 apartados:

- Introducción

Dalle ao alumno a información inicial da actividade, e nela describirase a tarefa e as instrucción para levala a cabo. Debemos motivar e despertar o interese amosándoa atractiva e divertida.

- Preguntas:

Faremos un listado numerado de preguntas a contestar. Dependendo da idade do noso alumnado poden ser:

  • Preguntas directas: Para formulalas deberiamos copiar frases exactas que conteñen a información relevante que queremos que atopen e logo transformalas en preguntas directas. (Para os alumnos máis pequenos)
  • Preguntas que impliquen actividades máis complexas: Preguntas relacionadas coa lectura comprensiva, a inferencia, a reunión e organización de información, a comparación, etc. Se plantexamos pequenas actividades deben poder resolverse con certa rapidez.

As preguntas poden ser:

De Análise: Por que as cousas ocorren do xeito que o fan?

Solución de problemas: Como poden facerse mellor?

Toma de decisións: Que opción debo escoller?

- Recusos:

Consisten nun listado de webs que o profesor localizou previamente para axudar ao estudante a respostar ás preguntas realizadas. Ao alumnado máis pequeno é convinte poñerlle o enlace necesario para resolver cada pregunta a continuación da mesma.

- A gran pregunta:

É recomendable, sobre todo, para alumnos máis maiores. Trátase de incluír unha pregunta final, goblal, que teña unha resposta que non se atope inmediatamente en ningunha das páxinas visitadas, se non que dependa das respostas ás preguntas anteriores e do aprendido buscando esas respostas. Deberá coincidir cun obxectivo curricular e pode conlevar a traballar normas, valores e actitudes incluso propoñer opinión personais.

- Avaliación:

Describirase claramente que se valorará e como será valorado. O xeito máis sinxelo de avaliar a caza é en función do producto: orixinalidade, traballo en equipo, manexo da tecnoloxía, grao de elaboración, etc.

- Créditos:

É recomendable facer un listado das fontes empregadas para elaborar a nosa caza.

23.1.08

Comparativa WebQuest - MiniQuest

Neste documento tes as similitudes e/ou as diferenzas entre as WebQuets e as MiniQuest: