1.4.09

Gmail de aniversario

Gmail cumpre 5 anos. O correo electrónico de Google está de aniversario e ofrécenos productos en fase de constante desenvolvemento.
Ademais de acceso a servizos como Google docs, Google Calendar, Blogger, elaboración de mapas con Google Maps, ... agora ofrece, de xeito moi sinxelo, outras ferramentas de Google Labs.
Un correo electrónico imprescindible. Se non o coñeces, próbao.

30.3.09

Traballo por proxectos

Libro publicado pola Consellería de Educación titulado O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Preme na imaxe para descargalo:

23.3.09

Kerpoof

Para debuxar, facer historias, vídeos, tarxetas...
Dirixido a nenos pero entretido para todos.

Planeta de blogs do Monte Caxado

Creado un "planeta" de blog do caxado:

www.planetaki.com/montecaxado

8.3.09

Biblioteca dixital hispánica


Contén as principais obras dixitalizadas da Biblioteca Nacional.

6.3.09

A web Descartes

A web Descartes é un entorno de colaboración do Ministerio de Educación na área de Matemáticas para secundaria e bacharelato.
Hai materias didácticos para empregar polo profesorado e o alumnado:


2.3.09

Modelos de documentos frecuentes

LCF Practice Zone

Para aprender Francés, Inglés e Español con actividades interactivas, xogos e outros materiais:

1.3.09

Para "embeber" arquivos ou webs

Con embedit.in podemos incrustar na nosa web arquivos ou incluso páxinas web. Deixo aquí incrustada a web da Xunta a modo de exemplo: