27.5.08
Vídeos para infantil
25.5.08
Vídeos musicais
Xa coñecemos ben o portal de procura de vídeos, YouTube. Nesta web, o máis buscado son vídeos musicais.
Agora temos un novo portal, a web Jukebo, onde @s usuari@s poden atopar videoclips que poderán compartir, engadir a os seus favoritos, crear e ampliar as súas listas de reproducción, engadir ás súas webs, e incluso comentar.
24.5.08
Para Matemáticas
Interesante páxina de Matemáticas na que tedes exercicios, exames, apuntes e vídeo titoriais de matemáticas desde 3º de Primaria ata Bacharelato.
Preme na imaxe para acceder
Preme na imaxe para acceder
Etiquetas:
enlaces,
matemáticas,
secundaria
22.5.08
Recicla vidro
Visto en TICDEPLATA
21.5.08
Xogos para os máis pequenos
El Mundo de Víctor é, segundo se pode ler nesa web, un mundo de sorpresas e descubrimentos para os máis pequenos. Xogos, un libro de imaxes, debuxos para colorear, cancións e un senfín de actividades para que desenvolvan a súa imaxinación e aprendan divirtíndose…
Un portal concibido especialmente para que os nenos de entre 2 e 4 anos se familiaricen co mundo multimedia namentras descubren a natureza e os animais…
19.5.08
Crear xogos personalizados
Con Pictogame podemos crear xogos coas imaxes que subamos. Este é un exemplo onde, se xogades ben, descubriredes ao alumnado de 1º de Primaria no horto escolar. Unha homenaxe para eses rapaces tan traballadores.
16.5.08
O reino vexetal
Unha interesante páxina onde se aclaran a clasificación e as características principais das plantas. A nivel do 3º ciclo de Primaria e do 1º ciclo de Secundaria, inclúe unha guía para o profesor e outra para o alumno.
Etiquetas:
bioloxía,
ciencias,
enlaces,
primaria,
secundaria
15.5.08
14.5.08
English for Kids - Kindersay
www.kindersay.com é un sitio web gratuito diseñado para ensinar a nen@s máis de 500 palabras de vocabulario en inglés dun xeito moi atractivo mediante presentación de diapositivas que inclúen imaxe, audio e vídeo.
JUEDUCO Web
Da Rede "INTERNET EN EL AULA" e a través de Antonio Ruiz, descubro esta páxina e o proxecto JUEDUCO Web
Etiquetas:
actividades,
enlaces,
infantil,
primaria,
xogo
12.5.08
10.5.08
Método interactivo de lectura
"LEER es una de las funciones más elevadas del cerebro humano. Es además una de las funciones más importantes de la vida, dado que prácticamente todo aprendizaje se basa en la habilidad para leer.
Leer bien ha sido y será siempre garantía de éxito en los estudios y en la vida de cualquier persona. La lectura eficaz es la plataforma imprescindible en la que se apoya el éxito de las personas y una excelente vacuna contra el aburrimiento.
Existe la queja generalizada de maestros y profesores de que los estudiantes entienden poco de lo que leen. Creemos que la introducción del método de lectura de Glenn Doman en edades tempranas favorecerá extraordinariamente la renovación de esta vital actividad pedagógica".
Así comeza o manual desta aplicación web: Método interactivo de lectura
Outro descubrimento grazas a TICDEPLATA
Para convertir .docx en .doc
A última versión de Microsoft Office por defecto garda os documentos con extensión .docx e cando levamos eses documentos a un ordenador que non ten instalada esa versión temos serios problemas. Esta aplicación web, chamada DOCX Convert Office 2007, convirte os documentos de word 2007 (.docx) ao formato .doc das versións anteriores. Pode ser interesante nun momento dado.
Máis para as Letras Galegas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

