Outra ferramenta para facer elegantes presentacións (con música como podedes escoitar). Con Magtoo podemos incluso facer panorámicas e situalas no mapa. Sen dúbida que ten moitas utilidades. Eu atrevinme a facer esta presentación coas imaxes da exposición que hai na entrada de Secundaria feita polo alumnado do IES e Leixa (Ferrol) e que trata sobre valores.
Podedes levar a lupa polo lugar da foto que desexedes sen máis que desplazala co rato.
9.5.08
Crea os teus propios documentais
Con Wildlife Filmmaker podes crear os teus propios documentais aproveitando os que National Geographic pon a túa disposición. É moi fácil ir arrastrando os vídeos e incluso podemos incluír o noso son e os textos.
Probareino.
Probareino.
Curso de OpenOffice
Premendo no seguinte banner tedes acceso a un curso gratuíto de OpenOffice. O curso foi elaborado por José Troncoso (profe de inglés) e pono a disposición de todo o mundo baixo licencia GFDL

Ten tamén un curso de inglés

Ten tamén un curso de inglés
Etiquetas:
enlaces,
Informática,
Inglés
8.5.08
Binta y la gran idea
Curtametraxe que pertence á película 'En el mundo a cada rato'. Rodado en Senegal, por Javier Fesser, coa axuda de UNICEF, conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmá de ir ao colexio.
Ademais está a xenial idea de seu pai.
Seguramente que, se tedes a paciencia de velo, se vos ocurren moitos comentarios.
Eres ti tubab?
Ademais está a xenial idea de seu pai.
Seguramente que, se tedes a paciencia de velo, se vos ocurren moitos comentarios.
Eres ti tubab?
Niño de Aguia Imperial Ibérica
Grazas a TIC de Plata descubrín a posibilidade de ver en directo un niño de aguia imperial no Parque Nacional de Cabañeros en Ciudad Real (Castilla-La Mancha).
Tedes que visitar a web de aguilaimperial.org e entrar no apartado de imaxes en directo.
Tedes que visitar a web de aguilaimperial.org e entrar no apartado de imaxes en directo.
7.5.08
TRIVIAL.GZ
6.5.08
Fotos gratuítas
FreeFoto.com ten máis de 115413 imaxes con 148 seccións organizadas en 3236 categorias. Como indica o seu nome, son imaxes gratuítas.
5.5.08
Traballando cos sons
Este xogo presenta sons diversos (algúns instrumentos sinxelos, ou sons da vida cotiá) no que simplemente hai que indentificalos.
Pode ser moi útil en Primaria.
Pode ser moi útil en Primaria.
29.4.08
28.4.08
Máis recursos web 2.0
Preséntovos esta presentación de José Ramón Vidal na que nos presenta unha boísima representación de ferramentas da web 2.0 para empregar no eido educativo.
Letras Galegas 2008
Este ano adícase o día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez, non só un creador de literatura galega senón que ademais estableceu canles para que outros escritores puidesen divulgar a súa obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
