7.5.08

TRIVIAL.GZ

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega pon a nosa disposición o xogo do Trivial galego. Podemos xogar e podemos propñer preguntas. Sen dúbida pode ser unha boa forma de aprender e de devertirse.

6.5.08

Plan de Acción Tutorial

Interesante PAT interactivo:

Fotos gratuítas

FreeFoto.com ten máis de 115413 imaxes con 148 seccións organizadas en 3236 categorias. Como indica o seu nome, son imaxes gratuítas.

Mercado matemático máxico

Para aprender fraccións de xeito "máxico" visitade o "mercado matemático":



5.5.08

Traballando cos sons

Este xogo presenta sons diversos (algúns instrumentos sinxelos, ou sons da vida cotiá) no que simplemente hai que indentificalos.

Pode ser moi útil en Primaria.

A Oca das Ciencias

Dirixida a alumnado de terceiro ciclo de Primaria e de primeiro ciclo de ESO


Visto en Tic de Plata

29.4.08

Planetarium

O ceo nocturno nunha páxina web

28.4.08

Máis recursos web 2.0

Preséntovos esta presentación de José Ramón Vidal na que nos presenta unha boísima representación de ferramentas da web 2.0 para empregar no eido educativo.

Letras Galegas 2008

Este ano adícase o día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez, non só un creador de literatura galega senón que ademais estableceu canles para que outros escritores puidesen divulgar a súa obra.

Plan TIC

21.4.08

Día da TERRA

Todos os 22 de abril celébrase o Día da Terra. Seguramente, como ocurre nestes casos, diredes que o Día da Terra deberan ser todos os do ano; e tedes razón.
Temos que mentalizarnos para coidar o planeta e todos podemos aportar o noso grao. Non pensedes que podedes facer pouco. "Moitos poucos é unha gran cantidade".
Como o problema máis importante que agora ameaza a Terra é o cambio climático, aquí tedes información moi visual das razóns polas que se produce.

19.4.08

Matemáticas simpáticas

Entretidos xogos empregando as matemáticas para 3º de primaria

17.4.08

Para practicar inglés

Yappr.com é unha comunidade para estudantes de inglés onde podemos ver vídeos e, de paso, mellorar o noso manexo nese idioma. Podemos repetir a parte do vídeo que queiramos e incluso vela máis lentamente cunha pronunciación máis clara. Os vídeos están subtitulados en inglés e castelán.
E se nos rexistramos podemos contribuír. Probádeo.

Ferramentas da web 2.0

15.4.08

Actividades para Infantil e 1º Ciclo de Primaria

A través de TIC (o blog da entrada anterior) entérome destas actividades para Infantil e primeiro ciclo de Primaria