6.5.08
5.5.08
Traballando cos sons
Este xogo presenta sons diversos (algúns instrumentos sinxelos, ou sons da vida cotiá) no que simplemente hai que indentificalos.
Pode ser moi útil en Primaria.
Pode ser moi útil en Primaria.
29.4.08
28.4.08
Máis recursos web 2.0
Preséntovos esta presentación de José Ramón Vidal na que nos presenta unha boísima representación de ferramentas da web 2.0 para empregar no eido educativo.
Letras Galegas 2008
Este ano adícase o día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez, non só un creador de literatura galega senón que ademais estableceu canles para que outros escritores puidesen divulgar a súa obra.
21.4.08
Día da TERRA
Todos os 22 de abril celébrase o Día da Terra. Seguramente, como ocurre nestes casos, diredes que o Día da Terra deberan ser todos os do ano; e tedes razón.
Temos que mentalizarnos para coidar o planeta e todos podemos aportar o noso grao. Non pensedes que podedes facer pouco. "Moitos poucos é unha gran cantidade".
Como o problema máis importante que agora ameaza a Terra é o cambio climático, aquí tedes información moi visual das razóns polas que se produce.
Temos que mentalizarnos para coidar o planeta e todos podemos aportar o noso grao. Non pensedes que podedes facer pouco. "Moitos poucos é unha gran cantidade".
Como o problema máis importante que agora ameaza a Terra é o cambio climático, aquí tedes información moi visual das razóns polas que se produce.
19.4.08
17.4.08
Para practicar inglés
Yappr.com é unha comunidade para estudantes de inglés onde podemos ver vídeos e, de paso, mellorar o noso manexo nese idioma. Podemos repetir a parte do vídeo que queiramos e incluso vela máis lentamente cunha pronunciación máis clara. Os vídeos están subtitulados en inglés e castelán.
E se nos rexistramos podemos contribuír. Probádeo.
E se nos rexistramos podemos contribuír. Probádeo.
15.4.08
Actividades para Infantil e 1º Ciclo de Primaria
A través de TIC (o blog da entrada anterior) entérome destas actividades para Infantil e primeiro ciclo de Primaria
Etiquetas:
actividades,
enlaces,
infantil,
primaria
2.4.08
Blog TIC
Impresionante blog de Alberto Armada que é coordinador TIC do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis (Pontevedra).
Moi pouco máis podemos engadir.
Moi pouco máis podemos engadir.
19.2.08
Novas tendencias TIC
Co permiso de Isidro Vidal compartimos con tod@s esta presentación sobre "Nuevas tendencias TIC en educación"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
